As máscaras en Portugal son ata 11 veces máis baratas ca en España
Publicado o 19/10/2020 15:00
A consecuencia deste vídeo dun usuario, a polémica sobre o prezo das máscaras estivo na boca de todos ao longo da fin de semana.
A diferenza entre as de Portugal e as que mercamos nós a diario xerou gran malestar e incerteza entre os consumidores. Hoxe quixemos entender o porqué.
Na rúa a opinión é unanime. O custo das máscaras é moi elevado, xa que agora se converteron nun ben de primeira necesidade ao que todos debemos poder acceder.
Parece que unha nova polémica volve salpicar as máscaras, este vez por afectar o peto do consumidor.