As máscaras con válvula para uso común, prohibidas a partir do 1 de xullo
Publicado o 29/06/2020 15:09
As máscaras con válvula para uso común quedan prohibidas a partir do 1 de xullo.
Na rúa hoxe vense poucas máscaras con válvula de exhalación, pero hai unhas semanas, cando o material escaseaba, eran máis habituais. Son seguras para un mesmo, pero non para os demais, porque permiten a saída de aire.
A Xunta prohibe o seu uso por esta razón. Con ela, a xente que nos rodea está exposta ás nosas exhalacións.
Agora, a maioría das máscaras que se ven na rúa son cirúrxicas ou hixiénicas, e as que son deste tipo non levan válvula.
Agora estas máscaras só se poderán usar en determinadas profesións como fontaneiros ou albaneis.
Galicia é a primeira comunidade que exclúe este tipo de máscaras para aumentar a protección comunitaria.