As mariscadoras da Illa de Arousa piden a colaboración de todos para loitar contra o furtivismo
Publicado o 22/07/2021 16:39
Aínda que o tempo non axude moito, os areais están máis concorridos e apañar un presadiña de marisco directamente na praia segue sendo unha tentación. Por iso nas praias da Illa de Arousa volven cunha campaña contra toda clase de furtivismo. Piden a colaboracion dos bañistas para axudar os vixilantes e mariscadoras a controlar os 37 quilómetros de costa.
Ademais das mariscadoras, 8 vixilantes percorren os areias de noite e dia. Pero este número permanece visible nas praias por se podemos axudar. De momento, parece que funciona. Os membros da confraría advirten tamén do perigo que supón para os propios furtivos ao non saber se o marisco que collen está apto para o consumo.