As maceiras en flor, un espectáculo digno de ver na Estrada
O Val do Jerte galego esá na Estrada. Un concello onde a produción de sidra, ademais dunha tradición de vello e unha fonte de riqueza, tamén pretende aproveitarse como recurso turístico. Por iso crearon a Ruta da Sidra, que nesta época é todo un espectáculo para a vista.
A ruta leva por varias parroquias onde están os maiores pomares. Pode completarse coa visita a algunhas das 5 sidrerías que hai no concello. Alguhas mesmo conservan os antigos lagares e alí podemos coñecer o proceso de elaboración, a tradición da sidra nesta zona e, como non, degustala.
Por mor da situación sanitaria, as visitas ás sidrerías non se poden facer en grupos numerosos agora, xa que teñen a ocupación moi limitada, pero contemplar as maceiras en flor non ten cancelas para quen queira achegarse.