CRTVG

Buscar

As librarías estarán pechadas nun Día do Libro insólito

Publicado o 22/04/2020 21:40

Mañá é o Día do Libro, a xornada do ano que máis facturan. E cólleas pechadas desde hai máis dun mes.

Hai que ter en conta que esas librarías poderían chegar a facturar mañá, se fose un día normal, ata 3.000 euros. O peche colleunas no peor momento posible.

No momento do ano en que se editan e venden máis libros. E ademais, coas feiras do libro ás portas.

Na Federación de Librarías de Galicia din que chegaron a un acordo coa Xunta para que non se suspenda ningunha delas, que poidan facelas máis adiante.

Apostan pola venda en liña e teñen unha misión moi importante: contribuír a que non se perda o hábito da lectura durante o confinamento.

Noticias web

22/04/2020