As Letras, coa estrea de cine galego: 'A estación violenta', a xeración perdida
As Letras, coa estrea de cine galego
A estación violenta, a xeración perdida
Un poema de Apollinaire di: "Aquí vén o estío, a estación violenta e a miña mocidade morreu igual ca a primavera, oh sol, É o tempo da razón ardente", son versos que nos poden guiar ata a vida interior desta estrea de cine, A estación violenta, o primeiro filme da directora galega Anxos Fazáns, a partir dunha adaptación da novela de Manuel Jabois, A estación violenta, que tamén é un libro de poemas de Octavio Paz.
Compón un retrato íntimo dunha xeración en crise, autodestrutiva. Manuel, interpretado por Alberto Rolán, é un escritor estancado que se atopa cos seus amigos de sempre, interpretados por Nerea Barros e Xosé Barato. Mergúllanse nunha atmosfera fantasmal, incapaces de afrontar as súas emocións.
Rodada en escenarios galegos, e en galego, Anxos Fazáns debuta cun drama emocional que quere facernos sentir.
Participada pola Televisión de Galicia, A estación violenta estréase nesta pantalla o 14 de maio, uníndose ás Letras Galegas.