CRTVG

Buscar

As lendas do breoganismo mostran o seu apoio ao equipo para darlle a volta á eliminatoria no Pazo

Publicado o 15/06/2021 14:33

En dous días todo ou nada para o Rio Breogán. E as lendas do breoganismo mostraron esta mañá o seu apoio ao equipo. Xunto ao director xeral Tito Díaz, na pista do Pazo estiveron Antonio Seral, Suso Fernández e Antonio Sacedo. Saben de ascensos. Rio Breogán ten que gañar e forzar o terceiro partido en Granada.

Tito Díaz: "Temos que sobrepoñernos ao partido de Granada, como xa fixemos outras veces. E xogar a tope, con confianza e sen medo, porque estamos imbatidos na casa no play-off. Hai que sacar adiante este partido, e logo xa veremos".

 

Noticias web

15/06/2021