CRTVG

Buscar

A intensa chuvia anegou rúas, garaxes e vivendas en Verín

Publicado o 23/03/2020 14:30

O centro de Verín quedou anegado en apenas dúas horas debido a unha forte treboada. Foi tal a cantidade de chuvia, que as principais rúas da vila axiña se colapsaron debido a que os sumidoiros non daban abasto. Segundo Protección Civil, non houbo que lamentar danos persoais nin na vía pública, pero si se asolagaron garaxes e baixos de vivendas.

Os efectivos do parque comarcal de bombeiros, de feito, tiveron que traballar arreo para achicar a auga con motobombas. Durante a tormenta, que foi acompañada de aparato eléctrico e sarabia, as precipitacións chegaron a superar os 30 litros por metro cadrado.

Noticias web

23/03/2020