CRTVG

Buscar

As inmobiliarias advirten dun aumento de prezo coa nova Lei de vivenda

Publicado o 07/10/2021 10:18

As inmobiliarias advirten dun aumento de prezo coa nova Lei de vivenda. Isabel Cotelo, delegada na Coruña e en Ferrol da Asociación Galega de Inmobiliarias, relata que é positivo que se recoñeza que hai un problema co prezo da vivenda. 

Cotelo di que en certas cidades que considera "tensionadas", a demanda supera a oferta, e iso provoca a suba dos prezos e a preocupación da poboación. Explica que declarar certos lugares como "zonas tensionadas" terá que levarse a cabo mediante unha recollida de datos nun sistema de índice de prezos de oferta e demanda. 

A Coruña e Santiago serían unhas destas "zonas tensionadas", segundo a delegada.

Noticias web

07/10/2021