As illas Cíes prepáranse para recibir os primeiros visitantes este sábado
O Parque Nacional das Illas Atlánticas aproveitou esta primavera para recuperar espazos perdidos a nivel medioambiental. Agora estas illas prepáranse para recibir os primeiros visitantes este sábado.
As illas Cíes recíbennos así, en pleno silencio, con augas cristalinas e areais onde as únicas pisadas son as dos paxaros. A nova normalidade será para elas este sábado coa chegada dos primeiros visitantes que se deberán adaptar ás novas recomendacións tras o coronavirus.
Un espazo ao aire libre que tamén viviu o seu propio confinamento. Tres meses sen uso público onde a flora e a fauna recuperaron o seu espazo.
Todo está preparado para recibir os primeiros visitantes. Os restaurantes, o cámping e as vistas dun espazo natural a protexer e conservar.