CRTVG

Buscar

Un plan anticontaminación único en Europa para as Illas Atlánticas

Publicado o 07/08/2019 21:24

Trátase do primeiro plan de continxencias para as Illas Atlánticas, que permitirá coordinar unha rápida resposta ante posibles casos de contaminación accidental. Un plan impulsado pola Xunta de Galicia, en colaboración con membros do Cetmar, Intecmar e a Universidade de Vigo.

A súa presentación, en que participaron as conselleiras do Mar e Medio Ambiente, foi a bordo dun barco, nun percorrido por mar polas illas Cíes. Preservar a nosa diversidade será o eixe fundamental deste plan. De feito, pola costa galega pasan cada ano máis de 40.000 buques.

Noticias web

07/08/2019