CRTVG

Buscar

As hipotecas para compra de vivenda soben un 79,3 % no mes de marzo en Galicia

Publicado o 26/05/2021 10:54
As hipotecas para compra de vivenda soben un 79,3 % no mes de marzo en Galicia

O número de hipotecas para compra de vivenda creceu en marzo un 79,3 % en Galicia fronte ao mesmo mes do ano anterior. No conxunto do Estado o incremento no mesmo período foi do 35,1 %.

Os datos do Instituto Nacional de Estatística reflicten que en marzo deste ano se concederon 36.886 préstamos. En Galicia foron 1.433 por un importe de 161,5 millóns de euros. 

O importe medio das hipotecas constituídas sobre vivenda foi de 137.729 euros. Destaca o ascenso de Galicia e de Cantabria na compra de vivenda. As comunidades con maior número de hipotecas constutuídas foron Andalucia e Madrid.

 

 

Noticias web

26/05/2021