CRTVG

Buscar

As herbas de San Xoán: unha tradición para purificar a pel

Publicado o 23/06/2021 14:36

Esta mañá, os ramos coas herbas de San Xoán roubábanlles nos mercados o protagonismo a outros produtos habituais. Unha tradición que os que hoxe se achegaban a buscar as herbas aos mercados recoñecen que cumpren ano tras ano. A tradición marca que son sete as herbas imprescindibles para elaborar a auga de San Xoán, malia que cada quen pode darlle o seu toque persoal.

"Ruda, malva, herba luísa, herba de san Xoán, cotón, folla de figueira, folla da poreta nalguns casos", "incluso leva alguna folla de limoeiro, de laranxeiro, que eu acostumo a botarllas", din unha praceira e unha clienta.

Unha vez temos as herbas hai que poñelas a remollo antes da posta de sol e deixalas toda a noite. Augas purificadoras que tras a noite máxica de San Xoán, como reza o dito, liberan de todo mal.

Noticias web

23/06/2021