CRTVG

Buscar

As gasolineiras galegas énchense de condutores lusos

Publicado o 12/05/2021 15:19

Unha das imaxes que se recupera coa reapertura da fronteira con Portugal é a de centos de vehículos que cruzan a raia cada día para botar combustible nas gasolineiras galegas onde atopan prezos máis competitivos.

Son trinta céntimos de diferenza por litro de gasolina e 0,27 no diésel. Nun depósito medio o aforro pode chegar aos 16 euros.

O aforro é aínda maior no gas. Os veciños lusos tamén veñen ás gasolineiras comprar bombonas onde tamén atopan mellores prezos, case un cincuenta por cento máis baratas.

Mentres deste lado recuperan a actividade, as gasolineiras portuguesas volven sufrir a perda de clientes que xa vivían antes do peche da fronteira.

Para os condutores que gastan un depósito de combustible por semana, cruzar a fronteira suponlles un aforro de máis de sesenta euros ao mes.

Noticias web

12/05/2021