CRTVG

Buscar

As funerarias levan flores ou limpan as tumbas para o Día de Defuntos

Publicado o 29/10/2020 20:55

A actividade nas florerías é intensa, como cada ano por estas datas. A diferenza é que desta volta moitos non poderán visitar os seus seres queridos nos cemiterios. Restrinxida a entrada e saída de varios concellos na provincia de Ourense pola expansión da covid-19 levar unhas flores, ou limpar unha tumba, algo tan arraigado en Galicia nos Fieis Defuntos, desta vez terá que ser tarefa doutros.

Eses encargos moito máis numerosos que outros anos, comezaron a chegar hai xa varios días. A mobilidade é un problema, pero non o único inconvinte para acodir os cemiterios.

Dende encargar as flores, recollelas e levalas o cemiterio a calquera punto da provincia, ata limpar e adecentar as tumbas. As empresas traballan arreo estes días para que malia as dificultades, todo estea listo o Día de Defuntos.

Noticias web

29/10/2020