As forzas de seguridade traballarán arreo para evitar as festas ilegais na Noitevella
Impedir que se celebren festas ilegais en que se xunten grupos amplos de persoas e se incumpran as normas sanitarias. Ese é o obxectivo do dispositivo conxunto das policías local, nacional e autonómica para a noite de fin de ano na cidade de Lugo. As patrullas van andar pola rúa tanto para evitar as festas como para poñerlles fin ás que se organicen.
"Tamén nos axuda o feito de que a hostalería non abra ata as 11 da mañá do día 1, porque así evítase a tentación de quen queira seguir coa troula", explica Manuel Arias, voceiro da Policía Local de Lugo.
Os veciños ven positivo o reforzo policial, pero lamentan que se teña que chegar a ese extremo pola falta de civisimo. Os corpos policiais reduciron os permisos de fin de ano aos axentes para que o dispositivo sexa o máis amplo e efectivo posible.