As forzas de seguridade matan catro dos supostos autores da morte do presidente de Haití
As forzas de seguridade mataron catro dos supostos autores da morte do presidente de Haití, asasinado a tiros na súa residencia de Porto Príncipe. O Goberno haitiano asegura que a morte destes catro supostos asasinos do presidente do pais fora posible tras un amplo operativo policial que permitíu deter outros dous sospeitosos horas despois do magnicidio. O operativo liberou tres axentes que foran secuestrados polo grupo armado, formado, segundo as autoridades, por homes que falaban español e inglés. Pero non se aclarou nin a súa identidade nin a sua nacionalidade.
O asasinato do presidente haitiano desatou unha vaga de solidariedade internacional, e tanto os Estados Unidos coma os píses latinoamericanos condenaron o sucedido. O Consello de Seguridade da ONU reúnese hoxe para tratar a situación que vive o país tras o magnicidio que se producíu a pouco máis de dous meses para as eleccións presidenciais e lexislativas.
A primeira dama, que quedou ferida no tiroteo, foi trasladada ata un hospital de Miami e, segundo distintas fontes, está fóra de perigo. O Goberno declarou o estado de sitio pero asegura que a situación está baixo control.