Máis de mil multas en Galicia por incumprir as restricións durante a semana de Nadal
Entre a Garda Civil, a Policía Nacional e a autonómica interpuxeron 1.022 propostas de sanción na semana de Nadal por saltar as restricións ou por non cumprir as normas sanitarias contra a covid, máis da metade na provincia da Coruña.
Con todo, as forzas de seguridade destacan o grao elevado de cumprimento das normas, xa que a porcentaxe de persoas multadas non chega ao 3% das que pasaron polos case 4.000 controis despregados por toda a comunidade.
Os axentes volven facer un esforzo extra en noitevella; neste caso centraranse sobre todo no control de posibles festas ilegais, tanto en locais de hostalería coma en vivendas particulares.
Ningunha celebración ten que ver coa doutros anos. Tampoco a Noitevella. O foco está posto en evitar as aglomeracións. Por iso, prepárase un reforzo especial dos corpos e forzas de seguridade do Estado que vixiarán as zonas comerciais e os locais de hostalería.
As autoridades fan un chamamento á prudencia especialmente nunha noite coma a de fin de ano. Vixiarán que se cumpra o horario de toque de queda e as festas en domicilios privados.
Van ata o momento 14.000 denuncias formuladas por incumprimentos da normativa sanitaria, preto de 200 nesta pasada ponte festiva.