CRTVG

Buscar

As formacións independentistas teñen diferentes expectativas fronte ao novo goberno

Publicado o 12/01/2020 17:35

Son diferentes as expectativas das dúas formacións independentistas que comparten goberno da Generalitat. Esquerra Republicana, que pactou co PSOE o acordo para a investidura, agarda rendibilizar politicamente a súa abstención.

Junts Per Catalunya tamén traza a súa estratexia, baseada na xuntanza que poidan ter nas vindeiras semanas Pedro Sánchez e Quim Torra; aseguran que ata que se produza esa xuntanza dos dous presidentes non se poderá poñer en marcha a mesa de diálogo.

O acordo dos republicanos cos socialistas fixaba un prazo de 15 días para convocar ese primeiro contacto dunha mesa de diálogo entre Goberno e Generalitat; o tempo dirá se eses prazos se respectan e non se alteran.

Noticias web

12/01/2020