CRTVG

Buscar

As flores ocuparán balcóns e escaparates no Corpus de Ares

Publicado o 04/06/2021 21:02

Reparten flores e verde entre aquela veciñanza disposta a darlle colorido á vila durante o Corpus.

Hai quen decorará o balcón da casa. Outros as ventás dos seus negocios...

Será un Corpus diferente. Para evitar aglomeracións decidiuse que non haberá alfombras florais, pero a ilusión é a mesma.

En colaboración co concello organizouse un concurso con premios ás mellores decoracións.

No Corpus de Ares as flores pasarán de ocupar as rúas decorar as fachadas no que algúns xa chaman as alfombras verticais.

Noticias web

04/06/2021