As florerías prepáranse xa para Defuntos
Publicado o 21/10/2021 20:56
Máis dunha semana antes de defuntos, as florerías xa traballan preparándose para un dos momentos fortes do ano. En 2020 aseguran que foi estraño polas restricións de mobilidade, xa que moitos galegos acoden a cemiterios fóra dos concellos en que residen. Unha limitación que non se repetirá este ano.
Con todo, a coincidencia do día 1, o festivo, en luns fan que se reparta a carga de traballo e comecen a repartir xa os encargos na fin de semana.
Con todo, a falta de materias primas tamén afecta ás flores que chegan do estranxeiro, polo que é posible que este ano se vexan máis flores autóctonas nos nosos cemiterios.