CRTVG

Buscar

As festas do San Froilán, sen as tradicionais casetas do polbo por precaución

Publicado o 29/06/2020 15:24
As festas do San Froilán, sen as tradicionais casetas do polbo por precaución

Este ano as festas do San Froilán de Lugo non terán nin as tradicionais casetas do polbo nin recinto feiral.

Así o anunciou hoxe o Concello de Lugo aos demais grupos da corporación municipal que participan na comisión de festas. Tomouse esta decisión como medida de prevención ante a COVID-19, para evitar aglomeracións e respectar as indicacións das autoridades sanitarias, xa que se trata dunha das zonas que adoitan estar máis masificadas.

Este ano está previsto que as festas de San Froilán dean comezo na primeira fin de semana de outubro.


 

Noticias web

29/06/2020