As festas do San Froilán entran nos seus últimos días
Publicado o 11/10/2019 14:04
O recinto feiral do San Froilán amence paseniño. A media mañá van abrindo aos poucos os diferentes postos, pero contra a tarde a estampa cambia por completo. Centos de persoas percorren un recinto cheo de barracas e multitude de postos en que se poden atopar cousas do máis variado.
Cando se achega a hora de xantar ou cear comezan o ferver os caldeiros do polbo, o prato por excelencia do San Froilán, e as tradicionais casetas convértense no punto de encontro de familias, amigos e compañeiros de traballo.
Tampouco falta sobremesa ou merenda doce e arrecende a churros.
Numerosos concertos e espectáculos infantís completan esta festa que mañá bota o peche cunha feira medieval arredor da catedral de Lugo.