CRTVG

Buscar

As ferraxerías traballan con pouca actividade á espera de sectores como os da hostalería ou das reformas

Publicado o 06/05/2020 13:54

Mentres uns agardan con ansia a reapertura dos seus negocios, os que xa levan tempo abertos contan como mudou a súa actividade. É o caso das ferraxerías, que funcionan a medio gas. Están a sufrir un descenso en vendas e, malia que van tirando grazas ás compras de particulares, repercútelles moito o parón da actividade doutros moitos sectores.

O seu xeito de traballar tamén mudou e eles son xa un reflexo do que iremos vendo paseniño. Aquí tamén se empregan pantallas de seguridade ou se traslada o mostrador á porta para limitar o acceso de xente.

Aquí tamén notan que o confinamento mudou os hábitos da xente ou espertou algunha afección. e se nos supermercados falta fariña e lévedo, aquí o que escasea é a pintura.

A falta de clientes presenciais aumentou a atención telefónica e mesmo fan repartimentos a domicilio para dar servizo e atender as demandas.

Noticias web

06/05/2020