As familias numerosas, preocupadas pola revisión dos criterios para acceder ao bono da luz
Publicado o 28/01/2021 15:15
As familias numerosas temen que a revisión dos requisitos para o bono da luz as prive desta rebaixa. A ministra para a Transición Ecolóxica anunciou unha reforma para que o bono social chegue "aos que máis o necesitan".
Na actualidade gozan del uns 320.000 fogares con máis de tres fillos, menos da metade das familias numerosas rexistradas.
A revisión das categorías de 'consumidor vulnerable' pode limitar o acceso a este bono, que supón unha rebaixa de entre un 25 e un 40 por cento na factura da luz.