As familias galegas serán as que menos gasten para o curso escolar de España: 1.125 euros por fillo
Faltan quince días para que estas escenas se repitan ás portas dos colexios e as familias fan contas.
Volver as aulas, segundo un estudo do Observatorio Cetelem, vai custar un 36 por cento máis en España: 313 euros de media que se gastarán, sobre todo, en libros e material escolar. Sobe o capítulo doutros gastos.
As familias galegas están á cola en gasto por fillo. Segundo unha enquisa da Organización de Consumidores e Usuarios, os galegos teñen pensado desembolsar 1.125 euros por fillo, por debaixo dos case 2.000 euros da media española.
Os gastos varían segundo o tipo de centro escolar. Unha media anual de pouco menos de mil euros nos ensino público, case o triplo nos concertados e ata seis veces nos privados.
A enquisa da OCU sobe ata 500 euros os gastos da volta ao colexio, que se reparten entre os 176 euros en roupa, 88 euros en material escolar e 184 en libros de texto.
Só Castela e León gasta menos por alumno que Galicia. Á cabeza dos gasto están Cataluña e Madrid.