CRTVG

Buscar

As familias apuran as compras de última hora para a volta á escola

Publicado o 07/09/2021 14:42

Listaxe en man, é o momento de facer reconto para saber se teñen todo o que precisan para a volta á escola. Este xoves comezan as clases en infantil e primaria.

Con todo ou case todo preparado, as familias non deixan de facer contas estes días. Segundo a OCU, o gasto medio por escolar é duns 500 euros entre material, libros, calzado ou o uniforme.

Nas librerías din que este ano foron máis previsores ca outros anos, e para as encargas seguen confiando nas pequenas tendas nos barrios das cidades.

A chamada costa de setembro xa está aquí, e segundo a Organización de Consumidores e Usuarios as familias galegas gastan de media uns 1.525 euros no curso escolar, 765 euros menos que a media de todo o estado español.

Noticias web

07/09/2021