As exportacións españolas sofren unha baixada no medio da inestabilidade internacional
Publicado o 22/08/2019 11:27
As exportacións españolas sofren unha baixada no medio da guerra comercial e da inestabilidade internacional.
As materias primas, os bens de consumo duradeiro e o sector do automóbil protagonizan esta caída, cifrada en máis dun 6%, se atendemos aos datos de xuño en relación aos de maio. Foi a maior caída sufrida nun mes de xuño, pero en termos interanuais o balance segue sendo positivo, aínda que se noten os efectos negativos do menor crecemento do comercio mundial.