CRTVG

Buscar

As exparellas do Rei do Cachopo contan o terror que viviron ao seu lado

Publicado o 13/05/2021 21:13

• Descríbeno ante o xuíz como violento e manipulador

Controlador, celoso e violento. A ex muller do rei do cachopo describiu ante o xuíz o terror que pasou ao seu lado.

Outra das súas parellas relata como se movía da violencia estrema ao encanto.

O fiscal pide para César Román 15 anos de cárcere. Acúsao de matar a súa última parella en agosto de 2018, de facer desaparecer a cabeza e as extremidades e de levar o seu tronco nunha maleta ata unha nave industrial. O taxista que o levou aínda o lembraba.

O rei do cachopo incumpriu varias veces as ordes de afastamento. As súas ex parellas declararon detrás dun biombo porque non queren volver velo.

Noticias web

13/05/2021