As estatuas atribuídas ao Mestre Mateo, declaradas Ben de Interese Cultural pola Xunta
Publicado o 27/07/2019 16:35
E a Xunta acaba de declarar Ben de Interese Cultural as estatuas atribuídas ao mestre Mateo. Dúas delas, como saben, están nestes momentos en mans da familia Franco e as demais pertencen a particulares ou a institucións públicas, como o Museo da Catedral de Santiago ou o Museo de Pontevedra. Por este motivo, a declaración faise de xeito individual e non ao conxunto das esculturas. Este é un recoñecemento ao seu valor cultural que non afecta a titularidade, pero obriga os propietarios a abrilas ao público.