CRTVG

Buscar

As estacións de servizo amplían negocio a sectores alternativos aos combustibles

Publicado o 28/07/2021 21:30

Hai tres anos que unha gasolineira conta cun servizo de supermercado que segue a medrar. A colaboración con empresas doutros sectores forma parte da estratexia de negocio e non só no eido da alimentación. A estación de servizo conta con caixeiro automático, servizo de recarga de tarxetas e móbiles ou recollida de paquetes.

Os responsables desta empresa familiar téñeno claro: os cambios que se aveciñan no eido dos combustibles obrigan a reorientar a ollada. Gasolineiras que son algo máis ca un centro de servizo para o automóbil.

Noticias web

28/07/2021