CRTVG

Buscar

As escolas infantís serán gratis a partir do segundo fillo dende abril

Publicado o 07/01/2020 14:26

12.500 nenos non pagarán gardería a partir do un de abril. Son segundos ou sucesivos fillos que acoden a unha Galiña Azul ou escola infantil concertada. As privadas poderán acollerse voluntariamente a esta medida da Xunta á que van dedicar 14 millóns de euros este ano. O presidente lembra que nos concellos de menos de 5.000 habitantes as Casas Niño son gratis xa dende o primeiro fillo.

"Queriamos comezar o ano no escola infantil, garantindo a súa gratuidade a partir do segundo fillo a partir de abril. No rural non pagarán dende o primeiro. Imos manter esa discriminación positiva", dixo o presidente.

Alberto Núñez Feijóo avanzou que na lei de impulso demográfico que van levar ao Parlamento nos vindeiros meses queren incluír medidas para ampliar os horarios das escolas infantís públicas.

Noticias web

07/01/2020