CRTVG

Buscar

As entradas para O Marisquiño poderanse reservar dende este xoves

Publicado o 12/07/2021 21:20
As entradas para O Marisquiño poderanse reservar dende este xoves

Entre o 6 e o 8 de agosto celebrarase en Vigo O Marisquiño, e as entradas xa se poderán reservar dende as doce da mañá deste xoves 15 na páxina web do festival. Haberá que amosar un código QR e mais o DNI para entrar no recinto, e poderase adquirir un máximo de dúas entradas para conviventes. Estará prohibido fumar e só se poderá comer e beber na zona de descanso. A TVG2 retransmitirá en directo as competicións finais do día 8.

 

Noticias web

12/07/2021