CRTVG

Buscar

Nas entidades locais menores xa podían saír da casa sen restricións

Publicado o 07/05/2020 20:34

A cinco quilómetros da rúa do Príncipe, para aliviar o confinamento non hai que mirar o reloxo. Ou si, pero cadaquen decide a que hora fai a saída que lle corresponde.

Como Entidade Local que é, Bembrive goza de certa autonomía territorial. Así que os algo máis de 4.000 habitantes desta pedanía do concello de Vigo non están obrigados a daren os seus paseos ou facer deporte por franxas horarias. Igual que todos os concellos con menos de 5.000 empadroados.

En Galicia hai nove unidades administrativas deste tipo. Unha está en Ourense e as oito restantes na provincia de Pontevedra. A de Bembrive constituíuse en 1945.

Noticias web

07/05/2020