As enquisas salientan o alto número de indecisos
Publicado o 17/04/2019 15:33

Máis enquisas electorais da primeira semana de campaña. A de Sondaxe para La Voz de Galicia céntrase no alto número de indecisos. O xornal di que a metade dos que non teñen decidido a súa opción para o 28 de abril están entre os que votaron a Partido Popular. Os indecisos foron medrando e sitúanse no 36,9 por cento.
Tamén enquisa no ABC. De novo constata que o PSOE sobe e que a dereita non suma. Os partidos de esquerdas supérana en tres escanos. A grande oportunidade electoral é para PACMA, que, segundo as enquisas, segue subindo en votos. Xa o CIS lles dera opcións de conseguir dous escanos.