CRTVG

Buscar

As empresas poden "facilitar" reducións de xornada e sacar dos ERTE os seus empregados

Publicado o 01/05/2020 17:16
As empresas poden "facilitar" reducións de xornada e sacar dos ERTE os seus empregados

 As empresas que tivesen que aplicar expedientes de regulación temporal de emprego poderán renunciar a estes progresivamente para parte ou todo o cadro e "facilitar o seu tránsito" cara ás reducións de xornada, "que supoñen un menor impacto económico sobre a persona traballadora". Así o explicou o Ministerio de Traballo e Economía Social nun criterio publicado este venres sobre a aplicación das medidas de suspensión e redución de xornada. Concretamente, explica que isto poderá facerse de forma progresiva conforme vaian desaparecendo as razóns vinculadas á forza maior.

Ademais, apunta que facilitar o tránsito cara ás reducións de xornada supón "un menor impacto económico sobre os traballadores" e permitirá atender á paulatina crecente oferta e demanda de produtos e servizos das empresas. O criterio di que a definición concreta das causas obxectivas que integran a forza maior por coronavirus, recollida no Real Decreto Lei, polo que se estableceu o estado de alarma, responden a unha causa "externa e perentoria cuxos efectos e ámbitos concretos son decidido en cada momento polas autoridades competentes por razóns de saúde pública". Isto, segundo Traballo, ten como consecuencia que as distintas medidas poidan ser aplicadas cunha intensidade e gradación paulatina e diferenciada.