CRTVG

Buscar

As empresas galegas prepáranse para afrontar as consecuencias do coronavirus

Publicado o 10/03/2020 15:06

Os protocolos das grandes empresas coinciden no esencial. Inditex e PSA Citroën restrinxen as viaxes ao estranxeiro, limitan as visitas ás súas factorías e difunden as instrucións sanitarias entre os seus empregados. A multinacional de Arteixo suspende temporalmente dende hoxe os servizos de autobús e ximnasio, e establece quendas para espaciar a afluencia dos traballadores ao comedor. Amais, Inditex vai recorrer progresivamente ao teletraballo nalgúns departamentos da súa sede central.

Os efectos da crise déixanse notar noutros sectores na falta de materias primas procedentes da China ou Italia. Con todo, a industria calcula que a freada se vai notar nun par de meses.

Os autónomos apelan á sua vulnerabilidade para pedir medidas fiscais e bonificacións á Seguridade Social.

Con todo, dende a Confederación de Empresarios de Galicia din que a preocupación pola crise do coronavirus é moderada e chaman á calma.

Noticias web

10/03/2020