CRTVG

Buscar

As empresas distribuidoras reclaman que as vinculen co sector da hostalería e non coa alimentación

Publicado o 20/04/2020 20:54

A mercadoría amoréase nas naves das distribuidoras. Está parada e sen saída, dado que o seu destino son bares, restaurantes e locais de ocio que están totalmente pechados. Pero as distribuidoras figuran na categoría de alimentación, considerada esencial, e iso limítalles moito a súa situación polo que reclaman que se vinculen á hostalería. Hai a quen non lle concederon o ERTE e aos que si reclaman que sexa progresivo e relacionado coa súa actividade principal.

Ademais, recordan que teñen entregada moita mercadoría sen cobrar e que nin sequera saben se os seus clientes poderán asumir esas facturas.

Mentres tanto, din, continúan agoniados cos pagos dos alugueiros das naves, os seguros ou os vehículos de repartición ante un futuro incerto.

Noticias web

20/04/2020