CRTVG

Buscar

As empresas de ocio nocturno xa poden pedir as novas axudas da Xunta

Publicado o 19/06/2021 13:05

Desde este sábado as empresas do ocio nocturno poden pedir as novas axudas directas que concede a Xunta polo peche continuado que sufriron a causa da pandemia.

As achegas irán desde os 7.500 euros ata un máximo de 35.000. A contía asignarase en función da superfice do local. En total, as empresas do ocio nocturno de Galicia repartirán 4 millóns de euros que é o orzamento desta nova liña de axudas. O prazo para pedilas remata nun mes.

Noticias web

19/06/2021