As emisións de CO2 rexistraron no 2020 o seu maior descenso dende a Segunda Guerra Mundia
Publicado o 02/03/2021 20:13

Aínda que pareza mentira, a pandemia tamén trouxo alguna cousa positiva.No 2020 as emisións de CO2 rexistraron o seu maior descenso dende a Segunda Guerra Mundial. Concretamente, a Axencia Internacional da Enerxía cifra en case o 6 por cento esa baixada global das emisións de dióxido de carbono, o principal gas de efecto invernadoiro. A explicación está en que no pasado ano subiron as enerxías renovables e caeu o emprego do petróleo e do carbón. Os avións, por exemplo, reduciron as súas emisións a case a metade. Agora ben, coa recuperación en certos países, no mes de decembro o CO2 xa volveu subir.