CRTVG

Buscar

As embarazadas, grupo prioritario na vacinación

Publicado o 05/08/2021 15:48

As mulleres embarazadas pasan a ser un grupo prioritario na vacinacion fronte á covid. Ministerio e comunidades actualizan a estratexia vacinal para que as embarazadas se vacinen antes do sexto mes de xestación. 

Nesta quinta vaga o número de embarazadas que tiveron que ingresar por covid aumentou. Os expertos coinciden en que os riscos para as xestantes non vacinadas son maiores. Teñen máis "risco de ingreso en UCI, parto prematuro e incluso morte materna ou fetal", di Esther Álvarez, xefa de obstetricia do CHUO.

Os últimos estudos indican que as mulleres se poden vacinar en calquera momento do embarazo.

Ignacio Salamanca, médico experto en vacinas, aclara que "calquera momento do embarazo, se temos a oportunidade de facelo, é o momento de protexernos".


 

Noticias web

05/08/2021