CRTVG

Buscar

Que se pode e que non se pode facer a partir deste sábado en Galicia?

Publicado o 10/06/2021 15:53

O alivio nas restricións déixanos en Galicia unha nova normalidade. Máis liberdade que, polo momento, nos trae dúbidas sobre o que podemos e o que non podemos facer. Estas son as principais:

Canta xente podo reunir na casa e ata que hora? Todos os que desexemos e ata a hora que queiramos tanto na casa como fóra da casa.

Nos restaurantes, cantos podemos reunirnos? 6 persoas no interior e 15 nas terrazas.

Ata que hora podo estar nun bar? Ata a unha da madrugada.

Sobe o ocupación nas actividades dos nenos? En exteriores, ata os 125 participantes, e en interior, ata os 50 participantes.

Como van ser os grupos nos campamentos? Grupos burbulla de 10 participantes e monitores. Albergues, ao 70, e tendas de campaña, ao 50.

Que ocupación van ter os albergues de peregrinos? Un 30 por cento e se son grupo burbulla poderán compartir cuarto.

 

Noticias web

10/06/2021