As dúas mulleres rescatadas en Chantada irán a unha residencia
Publicado o 14/04/2021 15:13

O luns rescataron dúas mulleres en estado de desnutrición e deshidratación na súa vivenda de Chantada. A anciá, de 89 anos, e a súa filla, de 48, recupéranse no hospital de Monforte.
Evolucionan favorablemente e unha vez que reciban a alta ingresarán na residencia DomusVi de Chantada, tras as xestións realizadas polos Servizos Sociais para encontrarlles unha praza.