CRTVG

Buscar

As distribuidoras din que esta semana chegarán grandes pedidos de máscaras

Publicado o 14/04/2020 10:13

Miguel Reviejo, conselleiro delegado da empresa de distribución Vidafarma, da cooperativa de farmacias Cofaga, asegura que neste momento xa hai todo tipo de produtos nas farmacias, agás as máscaras, que ata agora estaban chegando poucas.

Asegura que desde a súa empresa de distribución xa fixeron grandes pedidos ao principio da pandemia, pero que estes grandes pedidos os fabricantes tardan en servilos entre tres ou catro semanas.

Reviejo é optimista e asegura que, se as cousas van ben, "a finais desta semana xa deberían de entrar máscaras para ter nas farmacias, ou polo menos para poder subministrar as primeiras cantidades. Esta mesma semana tamén entran xeles, luvas e todo tipo de EPI, non normalizado, pero si a primeira subministración".

Atga o de agora as máscaras escaseaban todas, lembra Migel Reviejo, "estamos pendenes de que cheguen cirúrxicas, as FP2 tamén as temos pedidas, pero as que máis se van utilizar son as cirúrxicas, as que a xente ten que levar pola rúa porque as outras son máis específicas para outros traballos".

"Nos primeiros momentos notouse máis demanda do paracetamol, pero neste momento o servizo de principios activos está normalizado e non hai problemas. A medicación diaria de calquera doente, que estaba levando ata estes momentos, vaina conseguir sen ningún problema".

A distribución faise por igual a todas as farmacias, di Reviejo, "en canto temos un pedido, nós enviamos todos os produtos ás farmacias, a menos que o producto teña unha limitación en cantidades, pero son produtos moi específicos, pero non é o normal".

 

Noticias web

14/04/2020