CRTVG

Buscar

As Denominacións de Orixe galegas queren duplicar a superficie vitivinícola

Publicado o 23/07/2021 21:45

Malia os peches e restricións na hostalería, o viño galego está a superar a crise derivada da pandemia grazas sobre todo as exportacións. De feito, España xa é o segundo país do mundo que mais viño exporta, con arredor de 7.500 millóns de litros no que vai de ano. Esta demanda crecente fai que as denominacións de orixe galegas e as empresas privadas pensen en ampliar a produción a medio e longo prazo. As cinco DO galegas solicitaron á Xunta catalogar como vinificables 10.000 hectáreas de terreo. Case 6.000 só na Ribeira Sacra.

Dende as DO lembran que a paisaxe que ofrecen os viñedos é a base de toda a industria turística das zonas onde se ubican e por eso hai que potencialos. Aínda que non se comece a traballar de xeito inmediato, o importante é dispoñer dese terreo para incrementar a produción de viño.Ademais dos viñedos, a Xunta recibiu 994 solicitudes para recuperar para a actividade agrícopla e gandeira outras 21.300 hectáreas de terreo.

Noticias web

23/07/2021