CRTVG

Buscar

As defensas dos líderes independentistas asumen desobediencia pero negan rebelión

Publicado o 11/06/2019 15:43

Os avogados dos líderes independentistas xulgados no Tribunal Supremo admiten que os seus defendidos puideron desobedecer o Tribunal Constitucional ao celebrar o referendo do 1 de outubro, pero en ningún caso houbo rebelión nin sedición porque a violencia foi illada e a cargo de grupúsculos. "Aquí estase confundido a desatención á lei, a desobediencia de manual, que a podemos discutir coa rebelión"

O avogado de Joaquin Forn asegura que non só non houbo violencia senón que tampouco houbo declaración de independencia. " O Goberno non efectuou ningunha declaracion de independencia, digan o que digan eles, isto dedúcese da proba documental obrante, é igual a interpretación política non é da nosa incumbencia"
 "a violencia para acadar a separación dunha parte do territorio dun país, son cuspidelas, o lanzamento dun valo, tres pedras que caen sobre estanco"

Este letrado tamén negou a existencia do delito de malversación xa que, segundo dixo, ninguén puido probar que haxa facturas, encargos ou compromisos de gasto da Generalitat destinados ao proceso soberanista.


 




 

Noticias web

11/06/2019