CRTVG

Buscar

As copas e os petiscos reivéntase nas vodas por mor da pandemia

Publicado o 21/05/2021 21:16

Lonxe quedan xa imaxes coma estas. Agora á hora do aperitivo nos eventos podemos estar xuntos pero non revoltos. En exteriores permítense mesas de seis, pero muda a presentación dos petiscos. Xa non debemos botar man á mesma fonte senón que teñen que ser servidos de xeito individual. Toca adaptar a estética e tamén a vaixela e aumenta o traballo de cáterings e restaurantes á hora de empratar.

Cambia tamén o concepto de barra libre. Agora as copas sérvense e consómense na mesa e o baile é con máscara e sen bebida.

Toca adaptarse á situación actual, pero tamén hai quen segue aprazando os seus eventos á espera de que se vaian suavizando as medidas.

Noticias web

21/05/2021