CRTVG

Buscar

As contas da última xornada da Segunda. O Lugo depende de sí mesmo

Publicado o 30/05/2021 13:31

Son dúas as prazas de descenso que quedan por decidirse nunha última xornada que apunta a infarto. Alcorcón, Logroñés e Sabadell pelexarán, canda o Lugo, por escapar deses postos.

Só os de Rubén Albés, con 44 puntos, e o Alcorcón, con 45, dependen de si mesmos. Unha vitoria ante Raio Vallecano e Espanyol, respectivamente, garantizarialle-la estancia na Segunda División. O Lugo salvarase en caso de empate se non gañan Logroñés e Sabadell. Se perde tamén precisa as derrotas dos dous. Contas similares fai o Alcorcón ante un posible tropezo co líder.

Os outros dous contendentes na pugna por evitar a perda de categoría están obrigados a gañar e agardar os resultados dos rivais. O Logroñés, que encabeza o descenso con 44 puntos, precisa unha vitoria ante As Palmas e que os galegos caian en Vallecas. En caso de empate, tamén ten opcións se o Lugo perde e o Sabadell non gaña en Anduva.

O equipo que dirixe Antonio Hidalgo é o que máis difícil ten a permanencia na categoría de prata. Ten que gañar e esperar que dous dos seus tres rivais directos non sumen tres puntos. En caso de empate, a salvación complícaselle enormemente.
 

Noticias web

30/05/2021