CRTVG

Buscar

As comunidades autónomas disporán de máis de 162.000 millóns en 2021, segungo Montero

Publicado o 22/04/2021 21:00

A ministra de Facenda anticipou hoxe que as comunidades autónomas dispoñerán de máis de 162.000 millóns de euros para este 2021.

Anunciouno no Congreso, onde salientou que se trata dos maiores recursos da súa historia. Segundo dixo, as medidas extraordinarias aprobadas polo Goberno e os fondos europeos permitirán blindar o sistema de benestar. Aproveitou para lembrar as boas cifras das comunidades autónomas nunha época tan complicada coma esta da pandemia.

Noticias web

22/04/2021