As comunidades reorganizan a vacinación excluíndo de AstraZeneca os menores de 60
As comunidades están reorganizando os plans de vacinación, para excluír os menores de 60 anos da vacina de AstraZeneca, como acordou onte o Consello Interterritorial de Saúde. Si continúan cos que teñen entre 60 e 65.
E queda por decidir se amplían a maiores desa idade. Analizarase hoxe na reunión da Comisión de Saúde Pública. E que pasa cos que recibiron a primeira dose e están pendentes da segunda.
O Ministerio estuda dúas opcións, que se van analizar tamén a nivel europeo: deixalos cunha dose e unha inmunidade dun 70 % ou poñer a segunda inxección doutro laboratorio.
O tema entrou tamén no debate político. O PP censura que se interrumpa a vacinación sen que Sánchez dea explicacións e piden a comparecencia da ministra de Sanidade no Congreso.
O Goberno defende que a suspensión foi adecuada, en liña cos países da contorna, e ademais manteñen o compromiso de ter vacinados 33 millóns de españois a finais de agosto.